Dos primeiros peregrinos á actualidade
Nun momento impreciso da década de 820-830, prodúcese o descubrimento da tumba de Santiago o Maior. No noroeste peninsular (Reino de Asturias) reina Afonso II. El é o primeiro gran valedor. Criouse no mosteiro de Samos e recibe con entusiasmo a noticia que lle transmite o bispo de Iria, Teodomiro.
E a procura de novas experiencias enriquecedoras, a peregrinación tradicional a Santiago propón un cambio radical de comportamento, unha alternativa de valores humanos e universais fronte a un mundo cada vez máis globalizado, e tamén alienante e competitivo.
Neste comezo de século e de milenio a peregrinación xacobea é, máis ca nunca, un fenómeno transversal; por unha banda, espiritual e ecuménico e, por outra, aberto ao coñecemento, á amizade e á comprensión mutua. Un Camiño cuxos peregrinos contan ademais coa vivencia da paisaxe, da historia, da cultura compartida e da solidariedade.
O peregrino atópase hoxe cun espazo considerado sagrado durante séculos: o propio Camiño de Santiago e unha xeografía sacralizada que é tamén itinerario histórico e cultural. É, en definitiva, unha forma distinta de peregrinación, que non nega a tradicional, senón que lle suma os anhelos e as motivacións das sociedades contemporáneas.